DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Martes, 6 de outubro de 2026 Páx. 51697

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria de praza de persoal laboral fixo correspondente á oferta de emprego público do ano 2024.

A Autoridade Portuaria de Vigo, ao abeiro do establecido no Real decreto 656/2024, do 2 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2024, realiza unha convocatoria para cubrir a seguinte praza de persoal laboral fixo suxeito a convenio colectivo polo procedemento de concurso-oposición:

– 1 praza de técnico ou técnica de Infraestruturas (GIS) (GII BII N8).

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.es, na páxina web do O. P. Portos do Estado www.puertos.es e na páxina www.administracion.gob.es

Os/as aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG) para a presentación de solicitudes.

Vigo, 28 de setembro de 2026

Carlos Botana Lagarón
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo