DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Martes, 6 de outubro de 2026 Páx. 51696

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

ANUNCIO do 15 de setembro de 2026 polo que se lle dá publicidade á Resolución do 15 de setembro de 2026 pola que se convoca a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de supervisor/a das unidades de Medicina Nuclear.

A Dirección de Galaria, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das atribucións que en materia de selección e contratación de persoal lle son conferidas polos estatutos da entidade,

RESOLVE:

Acordar a publicación do anuncio da convocatoria do proceso selectivo para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de supervisor/a das unidades de Medicina Nuclear xestionadas por Galaria.

As persoas interesadas terán á súa disposición toda a documentación relativa ao proceso en: www.sergas.es (Recursos Humanos/Emprego Público/Outros procesos selectivos/Galaria).

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2026

Rocío Mosquera Álvarez
Directora xerente de Galaria, Empresa
Pública de Servizos Sanitarios, S.A.