DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Martes, 6 de outubro de 2026 Páx. 51695

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO das bases reguladoras da convocatoria pública para a provisión do posto de traballo de xefe/a de Seguridade, polo procedemento de concurso específico (expediente 2119-1102).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 175, do 11 de setembro de 2026, publicáronse as bases reitoras do concurso específico para a provisión do posto de xefe/a de Seguridade.

Consonte o establecido na base segunda, o prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

A resolución da convocatoria, co nomeamento da persoa seleccionada, publicarase no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios do Concello de Vigo e mais na sede electrónica do Concello de Vigo.

Vigo, 15 de setembro de 2026

O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística,
Educación, Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolución da Alcaldía do 25.9.2025 e Acordo
da Xunta de Goberno Local do 7.11.2025)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade,
Contratación, Festas e Xestión Municipal