A concellaría responsable da Área de Servizos non Territorializados, mediante a Resolución do 17 de agosto de 2026, nomeou funcionario/a de carreira deste concello a:
– Xosé Manuel Vila Soutullo, con DNI ***1021**, para ocupar unha praza de operario/a da escala de Administración especial, integrada no grupo AP, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema oposición libre.
O dito nomeamento efectuouse segundo a proposta do tribunal cualificador, ao cal se lle dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.
Contra a dita resolución de nomeamento, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer, ben o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Pontevedra.
Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que xulguen procedente conforme dereito.
Pontevedra, 7 de setembro de 2026
O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 12.2.2026)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados
