DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Martes, 6 de outubro de 2026 Páx. 51692

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 14 de setembro de 2026 de notificación do procedemento de orde de execución relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentouse sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración.

Ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Acto que se vai notificar

Referencia catastral

Polígono/parcela

Localización

Interesado/a

Persoa responsable

Orde de execución (expediente 1643-2026)

Resolución de inicio O.E. do 21.8.2026

36043A022018250000JA

(Polígono 22-parcela 1825)

Vilarchán (Tourón)

Ponte Caldelas

En investigación

Orde de execución (expediente 1513-2026)

Resolución de inicio O.E. do 26.8.2026

36043A044008950000JB

(Polígono 44-parcela 895)

Silvoso (A Insua)

Ponte Caldelas

Pilar Guerra Garrido

Orde de execución (expediente 1714-2026)

Resolución de inicio O.E. do 4.9.2026

36043A028015030000JF

(Polígono 28-parcela 1503)

Pazos (Ponte Caldelas)

Ponte Caldelas

Carmen Garrido Martínez

Orde de execución (expediente 1749-2026)

Resolución de inicio O.E. do 9.9.2026

36043A043001570000JL 

(Polígono 43-parcela 157)

A Insua

Ponte Caldelas

Elena Amoedo Parada

Orde de execución (expediente 1750-2026)

Resolución de inicio O.E. do 9.9.2026

36043A043001440000JZ (Polígono 43-parcela 144)

A Insua

Ponte Caldelas

Adelina Cima Cendón

Orde de execución (expediente 1753-2026)

Resolución de inicio O.E. do 9.9.2026

36043A043002760000JW 

(Polígono 43-parcela 276)

A Insua

Ponte Caldelas

Fermín Santoro Peleteiro

En virtude do que antecede, comunícaselles que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario para xestionaren a biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que lles sirva de notificación ás persoas interesadas, e para este fin comunícaselles que tanto a notificación como o expediente están á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente, poderán acceder a través da sede electrónica desta entidade.

O artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación, se efectuará mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.

O artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión da biomasa, repercutindo os custos ás persoas responsables.

O artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria de xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Ponte Caldelas, 14 de setembro de 2026

Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente