DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Martes, 6 de outubro de 2026 Páx. 51690

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 11 de setembro de 2026 de notificación do procedemento de execución subsidiaria relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración e, ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, ás persoas titulares das parcelas que se relacionan a seguir, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Acto para notificar

Referencia catastral

Polígono/parcela

Localización

Persoa interesada

Persoa responsable

Custos da execución subsidiaria

Orde de execución

(Expediente 1176-2026)

Resolución O. Ex. Subs. do 21.8.2026

36043A036002390000JH 36043A036002390001KJ (Polígono 36-parcela 239)

A Roca-A Insua Ponte Caldelas

Herminda Martínez Vaqueiro

360,00 €

Orde de execución

(Expediente 967-2026)

Resolución O. Ex. Subs. do 8.9.2026

36043A009002110000JI (Polígono 9-parcela 211)

A Fraga-Caritel

Ponte Caldelas

Elena Lorenzo Barreiro

720,00 €

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia para que sirva de notificación á persoa interesada, e para este fin comunícaselle que tanto a notificación coma o expediente se atopan á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra) e tamén na sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e da retirada de especies arbóreas prohibidas ou cando resulte infrutuosa a notificación da comunicación, esta se efectuará mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, habilita este concello para realizar a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa, cos conseguintes custos a cargo das persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de lles facilitar os accesos necesarios ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Prazo: 1 mes.

Ponte Caldelas, 11 de setembro de 2026

Andrés Díaz Sobral
Alcalde