DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Mércores, 7 de outubro de 2026 Páx. 51735

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Orde do 4 de abril de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 68, do 9 de abril).

A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.

Mediante a Orde do 4 de abril de 2018 (DOG núm. 68, do 9 de abril) convocouse o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

Segundo o disposto no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo citado anteriormente e que son convocadas á elección de destino definitivo, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución.

Terceiro. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino

Cuarto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:

4.1. Accederá ao seu expediente electrónico e deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Escoller posto» ou «Solicitude de excedencia».

4.1. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan.

4.2. De elixir a opción «Solicitude de excedencia», deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia.

Quinto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado, ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lles adxudique ningún destino ou non presentasen a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución, seranlles adxudicadas en destino definitivo os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedaran sen adxudicar.

Sexto. As persoas aspirantes poderán solicitar ser declaradas en excedencia por prestación de servizos no sector público regulada no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, o que deberán manifestar por medios electrónicos e no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro. A esta solicitude deberán xuntar unha copia da última orde de prelación dos postos ofertados e seleccionados debidamente asinada.

Sétimo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función da quenda e orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.

A adxudicación definitiva de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG.

Oitavo. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino

Noveno. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO I

Nº orde elección

DNI

Apelidos e nome

1

***1702**

Barcia Rodríguez, Daniel

2

***9010**

Álvarez Gutiérrez, Jorge

3

***7835**

Abril Álvarez, Beatriz

4

***0877**

Orozco Garrote, Ángel

5

***9009**

Pulido Barba, Camilo

6

***8396**

Roca Lemos, Félix

7

***1601**

Alende Quiñoy, Gonzalo

8

***6389**

García García, Débora

9

***5924**

Ballón Cué, Ángel

10

***5910**

Bispo Torres, Kamakshi-Shantia

11

***9252**

Sastre Quintela, Patricia

12

***4768**

Martínez González, Óscar Antonio

13

***7575**

López González, Adrián

14

***1469**

Taboada Díaz, Laura Manuela

15

***3817**

Osorio Peláez, Pablo

16

***3661**

Vizoso Marcos, Sofía

17

***0884**

Blasco López, Antón

18

***4951**

Dans García, Fernando

19

***7518**

López Gómez, Valeria

20

***3559**

Porto Armesto, Juan José

21

***4565**

Rivera Miras, Lucía

22

***3030**

Santos Sánchez, Adrián

23

***0111**

Perezzán Menor, Rodrigo

24

***7500**

Rodríguez Álvarez, Clara

ANEXO II

Prazas ofertadas

Nº

Código

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Subgrupo

Nivel

Formación

Observacións

1

EDC991000032001024

Subalterno/a

ED

Departamento Territorial de Ourense

Servizos periféricos

Ourense

AP

10

 

 

2

EDC994020115350006

Subalterno/a

ED

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol)

Servizos periféricos

Ferrol

AP

10

648

Horario especial

3

EDC994020315350009

Subalterno/a

ED

CIFP Ferrolterra (Ferrol)

Servizos periféricos

Ferrol

AP

10

648

Horario especial

4

EDC994030127300006

Subalterno/a

ED

IES Río Cabe (Monforte de Lemos)

Servizos periféricos

Monforte de Lemos

AP

10

648

Horario especial

5

IVA191000032001040

Subalterno/a

IV

Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Ourense

Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos)

Ourense

AP

10

 

 

6

PRC991000015001147

Subalterno/a

PR

Departamento Territorial da Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

AP

10

 

 

7

PRO100000015770025

Subalterno/a

FC

Escola Galega de Administración Pública

Escola Galega de Administración Pública

Santiago de Compostela

AP

10

 

 

8

PSC991000015001148

Subalterno/a

PS

Departamento Territorial da Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

AP

10

 

 

9

PRC991000015001146

Subalterno/a

PR

Departamento Territorial da Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

AP

10

 

 

10

PSC991000015001141

Subalterno/a

PS

Departamento Territorial da Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

AP

10

 

 

11

EIC991000015001068

Subalterno/a

EM

Departamento Territorial da Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

AP

10

 

 

12

PRC993000015350028

Subalterno/a

PR

Edificio Administrativo (Ferrol)

Servizos periféricos

Ferrol

AP

10

 

 

13

EIC991000032001079

Subalterno/a

EC

Departamento Territorial de Ourense

Servizos periféricos

Ourense

AP

10

 

 

14

EDC991000036001030

Subalterno/a

ED

Departamento Territorial de Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

AP

10

 

 

15

PRC020000015770077

Subalterno/a

PR

Secretaría Xeral Técnica

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

AP

10

 

Horario especial

16

ED2010000015770079

Subalterno/a

ED

Secretaría Xeral Técnica

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

AP

10

 

 

17

EIC020000015770026

Subalterno/a

EC

Secretaría Xeral Técnica

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

AP

10

 

 

18

FCC050000015770025

Subalterno/a

FC

D. X. de Emprego Público e Administración de Persoal

Dirección Xeral de Emprego público e Administración de Persoal

Santiago de Compostela

AP

10

 

 

19

CU6010000015770030

Subalterno/a

CU

D. X. de Patrimonio Cultural

Dirección Xeral de Patrimonio Cultural

Santiago de Compostela

AP

10

 

 

20

EIC991000036560065

Subalterno/a

EM

Departamento Territorial de Pontevedra (Vigo)

Servizos periféricos

Vigo

AP

10

 

 

21

ED2010000015770078

Subalterno/a

ED

Secretaría Xeral Técnica

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

AP

10

 

 

22

PRC994000036560078

Subalterno/a

PR

Edificio Administrativo (Vigo)

Servizos periféricos

Vigo

AP

10

 

 

23

PRC994000036560068

Subalterno/a

PR

Edificio Administrativo (Vigo)

Servizos periféricos

Vigo

AP

10

 

Horario especial

24

EDC994050136560009

Subalterno/a

ED

Escola Oficial de Idiomas (Vigo)

Servizos periféricos

Vigo

AP

10

648

Horario especial

Formacións específicas

Código

Descrición

648

Certificación negativa do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño (R.I.).