DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Mércores, 7 de outubro de 2026 Páx. 51734

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 30 de setembro de 2026 pola que se convocan os Premios GirlGeekPower da Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo, curso 2026/27.

BDNS (Identif.): 932608.

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/932608

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnas da Universidade de Vigo de titulacións STEM, dos campus situados na provincia de Pontevedra (Campus de Pontevedra e Campus de Vigo).

Segundo. Obxecto

O obxecto desta convocatoria é promocionar e incentivar os estudos STEM entre as mulleres, un ámbito no que persiste unha infrarrepresentación feminina, pese á importancia estratéxica deste ámbito na nosa sociedade, o que pode redundar no incremento da fenda de xénero no futuro das novas xeracións.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución reitoral pola que se convocan os Premios GirlGeekPower da Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo, curso 2026/27.

Cuarto. Contía

A contía total do crédito destinado a estes premios será de seis mil euros (6.000 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 1 ata o 19 de outubro de 2026.

Vigo, 30 de setembro de 2026

María Carmen García Mateo
Reitora da Universidade de Vigo