De conformidade co disposto no artigo 152.12 do Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, faise pública a Resolución da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, do 16 de setembro de 2026, pola que se outorgou a concesión da referencia coas seguintes condicións principais:
Titular: Concello de Ponteceso.
Destino: ampliación e rehabilitación do parque infantil no paseo fluvial.
Superficie: 379,60 m².
Prazo: 30 anos.
Canon: exento.
Poderá consultarse a resolución completa na seguinte ligazón:
https://ficheiros-web.xunta.gal/medio-ambiente/litoral/concesions/2026/parque-infantil-ponteceso.pdf
Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2026
Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables
e Cambio Climático
