DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Mércores, 7 de outubro de 2026 Páx. 51786

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 28 de setembro de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunican a consignación de depósitos previos á ocupación e a data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto Substitución dos apoios AHM86Q4G//276, AHKSAEP2//277, AHJHDTIT//278 e AHI9H2JU//279 da LMTA LAL805.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmanse as persoas afectadas pola expropiación, da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución dos apoios AHM86Q4G//276, AHKSAEP2//277, AHJHDTIT//278 e AHI9H2JU//279 da LMTA LAL805 que figuran no cadro anexo.

As persoas interesadas poderán solicitar o levantamento do depósito perante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria de Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 28 de setembro de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2024/187-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Substitución dos apoios AHM86Q4G//276, AHKSAEP2//277, AHJHDTIT//278 e AHI9H2JU//279 da LMTA LAL805.

Concello: Forcarei.

Predio

Referencia catastral

Titular

Data de ocupación

Depósito previo

1

36018A071001710000XI

Descoñecido

30 de outubro de 2026

2026/54/238

2

6018A071002750000XW

Descoñecido

30 de outubro de 2026

2026/54/239

3

36018A071003660000XZ

Victoria Florinda Gaiteiro Deza

30 de outubro de 2026

2026/54/236

4

36018A071004790000XM

Descoñecido

30 de outubro de 2026

2026/54/237