DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Mércores, 7 de outubro de 2026 Páx. 51788

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 28 de setembro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de convocatoria para a redacción das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2024/148-1, no concello de Fisterra.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de redacción das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Rial, no concello de Fisterra (expediente IN407A 2024/148-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos, coa posterior redacción definitiva das actas nas dependencias da casa consistorial do referido concello, segundo a data e o horario aproximado que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se reflicte.

Ao acto poderán comparecer, en por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, exhibindo o seu DNI/NIF e mais os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 28 de setembro de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2024/148-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CT e RBT Rial.

Concello: Fisterra.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Titularidade

Data

Hora

1

Rial

15038A503004580000DA

Marina, Francisco e Julio Díaz Rey

10.11.2026

11.15

2

Rial

15038A503004940000DB

María e Ricardo Canosa Pombo

10.11.2026

11.25