DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Mércores, 7 de outubro de 2026 Páx. 51789

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 29 de setembro de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se comunican a data do depósito previo á ocupación e o requirimento das follas de valoración nun expediente de expropiación forzosa no concello do Barco de Valdeorras (expediente IN407A 2023/149-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase aos titulares que figuran no anexo da data do depósito previo á ocupación que realiza a empresa beneficiaria en relación coa expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Modificado I do proxecto para LMT, CT e RBT estrada Albar, situada no concello do Barco de Valdeorras.

Así mesmo, e de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, requíreselles para que presenten ante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación no taboleiro de edictos único do BOE, a súa folla de valoración, en que concretarán de xeito motivado o valor en que estiman a servidume imposta e alegar o que coiden conveniente ao seu dereito. A dita valoración poderá estar avalada pola sinatura dun perito.

Ourense, 29 de setembro de 2026

Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado
ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2023/149-3.

Instalación: Modificado I do proxecto para LMT, CT e RBT estrada Albar.

Concello: O Barco de Valdeorras.

Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Data do depósito previo

1

Barxas

32010A004015700000XB

Descoñecido/a

22 de setembro de 2026