En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: CMVMC de San Xulián.
Expediente: DH.A36.115095.
Volume total anual: 2.073,13 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 2,41 l/s.
Destino: abastecemento e rega.
Orixe: dous mananciais (M1 e M2) e un pozo:
– M1 e o pozo na parcela 10, pol. 16.
– M2 na parcela 932, pol. 12.
– Ambas as parcelas son do catastro de Marín.
Lugar: O Carballal.
Parroquia: Marín (San Xián).
Concello: Marín.
Descrición:
A auga do M1 condúcese a un depósito desde o que se abastecen as instalacións da Fundación para a Discapacidade e o Emprego Juan XXIII, situadas na mesma parcela. Reciben tamén a que se bombea do pozo. A do M2 acumúlase noutro depósito para a rega de invernadoiros e xardíns.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa López de Neira 3, oficina 403, 36202 Vigo (Pontevedra).
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública.
Vigo, 30 de setembro de 2026
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
