DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Mércores, 7 de outubro de 2026 Páx. 51798

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 28 de setembro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican as resolucións de expedientes de extinción polo transcurso do prazo de concesións de augas (expediente E-1160A-C e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo as resolucións de expedientes de extinción polo transcurso do prazo de concesións de augas, ditados no expediente E-1160A-C e dous máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar unha cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data do acordo

E-1160A-C

Manuel Iglesias Duro

17.9.2026

DH.A15.16523

Comunidade de Usuarios de Entrecruces

17.9.2026

DH.A36.3911

76796282H

17.9.2026