DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 8 de outubro de 2026 Páx. 51829

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 94/2026, do 30 de setembro, polo que se dispón o cesamento de membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 9.1, inciso segundo, e 10.f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia; no artigo 9.e) do seu Regulamento de réxime interno, e de acordo coa proposta efectuada pola Universidade da Coruña,

DISPOÑO:

Primeiro. Cesar como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Universidade da Coruña, a Ángel Santiago Fernández Castro.

Segundo. Cesar como membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Universidade da Coruña, a América Álvarez Domínguez.

Santiago de Compostela, trinta de setembro de dous mil vinte e seis

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente