DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 8 de outubro de 2026 Páx. 51830

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 95/2026, do 30 de setembro, polo que se dispón o nomeamento de membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia; nos artigos 8 e 10 do seu Regulamento de réxime interno, e de acordo coa proposta efectuada pola Universidade da Coruña,

DISPOÑO:

Primeiro. Nomear como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Universidade da Coruña, a Bruno Casal Rodríguez.

Segundo. Nomear como membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Universidade da Coruña, a María Berta Rivera Castiñeiras.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2026

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente