DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 8 de outubro de 2026 Páx. 51831

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se modifica a Resolución do 2 de xuño de 2025 pola que se establece a composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia.

A Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, instrumento de protección e defensa das partes que interveñen na actividade de transporte, creouse, no marco da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, pola Orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas do 9 de outubro de 1991 (DOG núm. 232, do 23 de outubro).

A composición vén determinada pola Resolución desta dirección xeral, do 2 de xuño de 2025, pola que se establece a composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia (DOG núm. 108, do 9 de xuño de 2025), modificada polas resolucións do 2 de outubro de 2025 e do 12 de xuño de 2026 (DOG núm. 198, do 14 de outubro, e núm. 115, do 22 de xuño de 2026, respectivamente).

Debido a cambios nas persoas que ocupan postos na Administración considérase oportuno modificar a actual composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia.

De conformidade co exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar os puntos 1, 2.1 e 3 da Resolución da Dirección Xeral de Mobilidade do 2 de xuño de 2025, pola que se establece a composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, relativos á presidencia, aos vogais representantes da Administración e á secretaría, que pasa a ter a seguinte redacción:

1. Presidente/a.

1.1. Titular:

– Laura González-Dopeso Portela.

1.2. Suplentes:

– Pablo Alejandro Amenedo Bermúdez.

– Eduardo Suárez Campo.

2. Vogais:

2.1. Representantes da Administración:

2.1.1. Titulares:

– Paula Oliete Trillo.

– Pablo Alejandro Amenedo Bermúdez.

2.1.2. Suplentes:

– Eduardo Suárez Campo.

– Mª Teresa Somoza García.

3. Secretario/a:

3.1. Titular:

– Eduardo Suárez Campo.

3.2. Suplentes:

– Pablo Alejandro Amenedo Bermúdez.

– Mª Teresa Somoza García.

Segundo. A modificación anterior entenderase vixente e aplicable a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2026

Judit Fontela Baró
Directora xeral de Mobilidade