DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 8 de outubro de 2026 Páx. 51901

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 29 de setembro de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se comunican a data do depósito previo á ocupación e o requirimento das follas de valoración nun expediente de expropiación forzosa nos concellos do Barco de Valdeorras e Vilamartín de Valdeorras (expediente IN407A 2025/14-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase aos titulares que figuran no anexo da data do depósito previo á ocupación que realiza a empresa beneficiaria en relación coa expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación da LAMT BDV801 La Rua 1 entre os apoios CLCL80Y6 e CL62XIM7//15, situada nos concellos do Barco de Valdeorras e Vilamartín de Valdeorras.

Así mesmo, e de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa, requíreselles que presenten ante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación no taboleiro de edictos único do BOE, a súa folla de valoración, na que concretarán de xeito motivado o valor en que estiman a servidume imposta e poderán aducir cantas alegacións coiden convenientes para o seu dereito. A dita valoración poderá estar avalada pola sinatura dun perito.

Ourense, 29 de setembro de 2026

Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos,
con domicilio ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2025/14-3.

Instalación: Regulamentación da LAMT BDV801 La Rua 1 entre os apoios CLCL80Y6 e CL62XIM7//15.

Concellos: O Barco de Valdeorras e Vilamartín de Valdeorras.

Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Data dos depósitos previos: 25 de setembro de 2026.

Predio núm.

Lugar

Concello

Referencia catastral

Titular

1

Granxa

O Barco de Valdeorras

32089A020005840000XA

Pilar del Prado

2

Granxa

O Barco de Valdeorras

32089A020005840000XA

Descoñecido/a

3

Granxa

O Barco de Valdeorras

32089A021025300000QU

Descoñecido/a

3

Val do Carballo

Vilamartín de Valdeorras

32089A021025300000QU

Descoñecido/a