DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 8 de outubro de 2026 Páx. 51894

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción, e se declara a utilidade pública, en concreto, para os efectos da urxente ocupación, dunha instalación eléctrica nos concellos do Incio e Samos (expediente IN407A 2025/176-2).

Examinado o expediente instruído a instancia da empresa UFD Distribución Electricidad, S.A., aprécianse os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Con data do 15 de outubro de 2025, a citada empresa solicita a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA TTL804 en tramo entre apoios núm. D59-9 e núm. D59-29 (O Incio e Samos), nos concellos do Incio e Samos.

Coa solicitude achégase o proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández o 16 de xullo de 2025, o que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e xuntando a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro) e o artigo 143 do Real decreto 1955/2000, antes citado.

Segundo. O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, mediante acordo deste departamento territorial do 23 de xaneiro de 2026. Este acordo foi publicado no diario La Voz de Galicia do 2 de febreiro e no Diario Oficial de Galicia do 13 de febreiro, no taboleiro de anuncios do citado departamento territorial e no taboleiro de anuncios dos concellos do Incio e Samos. Con este acordo inseríase a relación de bens e dereitos afectados.

Terceiro. Déuselles traslado das separatas do proxecto ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas e cumpríronse os trámites establecidos no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Cuarto. Durante o trámite de información pública presentáronse non se presentaron alegacións.

Quinto. Persoal dos servizos técnicos deste departamento territorial emitiu informe favorable sobre a solicitude obxecto deste expediente, de acordo co disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. Igualmente, unha vez revisado sobre o terreo o trazado da liña eléctrica proxectada, informan os referidos servizos técnicos que non se dá ningunha das limitacións para a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica a que se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, en relación co artigo 58 da Lei 24/2013, sobre os predios incluídos na relación de bens e dereitos que foi obxecto de información pública e sobre as que a empresa beneficiaria non chegou a un acordo amigable cos seus propietarios.

A estes feitos son de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A este departamento territorial correspóndelle resolver sobre esta solicitude de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Segundo. No expediente cumpríronse os trámites establecidos na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, na Lei 24/2013, e os regulamentarios previstos nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Terceiro. Á vista do informe técnico e do resto da documentación que figura no expediente, considérase que procede a autorización da instalación eléctrica.

Cuarto. Sen prexuízo do anterior, cómpre ter en conta que consonte o artigo 151 do citado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, en calquera momento a empresa beneficiaria e os titulares dos necesarios bens e dereitos poden convir un mutuo acordo, causando a correspondente conclusión do expediente expropiatorio.

De acordo co exposto e en virtude das competencias que ten atribuídas, este departamento territorial

RESOLVE:

Primeiro. Outorgar a autorización administrativa previa e de construción á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. para o establecemento da instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA TTL804 en tramo entre apoios núm. D59-9 e núm. D59-29 (O Incio e Samos), nos concellos do Incio e Samos, coa seguinte característica técnica principal:

• Substitución de 9 apoios de madeira e 11 apoios de formigón na LMTA TTL804 (expedientes 3148-AT e 6577-AT) debido á súa deterioración por 9 novos apoios de celosía metálica tipo C-16/2000, C-20/2000, C-20/2000, 3xC18/10000, C16/1000, C-14/1000, C-16/1000, C-16/2000, C-14/1000, substitúese tamén o condutor existente de tipo LA-56 de 1.995 metros de lonxitude por 1.774 metros de condutor novo tipo LA-56.

Segundo. Declarar a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica obxecto deste expediente, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou da adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Por isto, en cumprimento do disposto neste artigo, acórdase que o representante da Administración dea comezo, na data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ao levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos na relación de bens e dereitos que se inclúe no anexo desta resolución. Así mesmo, faise constar que ata o momento do levantamento das actas previas se poderán formular as alegacións que se consideren oportunas, para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados que foi obxecto de publicación nos medios e nas datas anteriormente referidos. Estas alegacións deberanse presentar por escrito ante este Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, na rolda da Muralla 70, 27071 Lugo).

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

Primeira. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e cos planos que figuran no proxecto de execución, coas condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e coas condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que se manterán as condicións regulamentarias de seguridade con carácter permanente.

Terceira. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Cuarta. O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dous anos, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) núm. 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) núm. 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) núm. 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura. Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial, acompañada da documentación requirida na lexislación vixente de aplicación.

Quinta. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

Sexta. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial o outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Esta resolución publícase para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, de 2 de outubro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese efectuar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación/publicación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que estimen pertinente.

Lugo, 17 de setembro de 2026

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de Regulamentación LMTA TTL804 en tramo entre apoios núm. D59-9 e núm. D59-29 (O Incio e Samos)

Concello: O Incio e Samos.

Expediente: IN407A 2025/176-2.

Nº de afectación

Polígono

Parcela

Lugar

Titular/es

Apoio núm.

Cantidade

Superficie (m2)

Lonx.

Superficie (m2)

Lonx.

Superficie (m2)

Ocupación temporal

Natureza terreo

2

9

5

Carballo Longo

Descoñecido

D59-11

1

2

152

2.427

Monte baixo

3

9

6

Gandara Vella

Descoñecido

23

368

Monte baixo

4

10

1006

Carballo Longo

Descoñecido

117

1.886

Monte alto

5

10

1000

Casetas

Descoñecido

D59-13

1

2

235

4.266

Monte alto

6

10

1001

Valiña de Neira

Descoñecido

241

5.980

Monte alto

7

10

999

Casetas

Descoñecido

73

Monte baixo

8

10

1002

Colmenas

Descoñecido

202

5.064

Monte alto

9

10

1067

Bouzallos

José Germán Regueiro Sánchez

D59-15

3

6

27

666

Prado

11

10

1124

Bouzallos

Modesto Préstamo Vila

70

1.298

Prado

13

10

1122

Bosque

Modesto Préstamo Vila, Amadeo Corral, José G. Regueiro, Luis Regueiro

D59-17

1

2

13

208

Monte alto

14

10

1121

Entre os Camiños

Arsenio López Fernández

35

534

Prado

15

10

1120

Bosque

Arsenio López Fernández

16

285

Prado

17

10

1117

Fonte da Campela

Arsenio López Fernández

16

Prado

19

10

1305

Nogueiro

Modesto Préstamo Vila

24

386

Monte baixo

23

10

1309

Nogueiro

Amadeo Corral Pombo

D59-19

1

2

10

181

Monte baixo

25

10

1312

Nogueiro

José Germán Regueiro Sánchez

24

389

Monte baixo

27

10

1314

Nogueiro

Modesto Préstamo Vila

23

374

Prado

28

10

1315

Alto Nogueiro

Descoñecido

9

143

Prado

29

10

1316

Nogueiro

José Germán Regueiro Sánchez

15

237

Prado