DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 8 de outubro de 2026 Páx. 51891

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 17 de setembro de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Bóveda (expediente IN407A 2026/042-2).

Expediente: IN407A 2026/042-2.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: Regulamentación LMTA MOF802 en tramo entre os apoios núm. 104 e núm. 104-9-CT (Bóveda).

Concello: Bóveda.

1. Características técnicas:

– Substitución do condutor LA-30 do tramo da LMTA MOF802 comprendido entre os apoios existentes núm. 104 y núm. 104-9-CT, por 992 m de condutor nu LA-56.

– Substitución de 6 apoios de formigón por 6 novos apoios de celosía metálica C14/1000 e C16/1000.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo (rolda da Muralla, núm. 70, baixo, 2º andar, 27071 Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/boveda

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Lugo, 17 de setembro de 2026

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de Regulamentación LMTA MOF802
en tramo entre os apoios núm. 104 e núm. 104-9-CT (Bóveda)

Concello: Bóveda.

Expediente: IN407A 2026/042-2.

Núm. predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio núm.

Apoio m2

Afectacións ml aér.

Afectacións m2 aér.

1

502

244

Piantes

Prado

Rosa María Armesto Azó

104-2

2,0

6

502

468

Veiguiñas

Prado

Descoñecido

104-8

2,0