DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 8 de outubro de 2026 Páx. 51890

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 29 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, polo que se dá publicidade á resolución de concesión de ocupación do dominio público marítimo-terrestre para a ocupación dos terreos restaurados ambientalmente das antigas parcelas ocupadas pola imprenta provincial e o parque da maquinaria da deputación, en Xunqueira de Alba (Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 152.12 do Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, faise pública a Resolución da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, do 24 de marzo de 2026, pola que se outorgou a concesión da referencia coas seguintes condicións principais:

Titular: Concello de Pontevedra.

Destino: ocupación dos terreos restaurados ambientalmente das antigas parcelas ocupadas pola imprenta provincial e o parque da maquinaria da deputación, en Xunqueira de Alba (Pontevedra).

Superficie: 17.688 m².

Prazo: 15 anos.

Canon: exento.

Poderá consultarse a resolución completa na seguinte ligazón:

https://ficheiros-web.xunta.gal/medio-ambiente/litoral/concesions/2026/RES-CONC-PO-2025-046C.pdf

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2026

Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático