De conformidade co disposto no artigo 152.12 do Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, faise pública a resolución da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, do 23 de setembro de 2026, pola que se outorgou a concesión da referencia coas seguintes condicións principais:
Titular: Concello de Vimianzo.
Destino: recuperación do tránsito peonil ao paso da DP-1603 no núcleo de Cereixo, no termo municipal de Vimianzo.
Superficie: 1.120 m2.
Prazo: 50 anos.
Canon: exento.
Poderá consultarse a resolución completa na seguinte ligazón:
https://ficheiros-web.xunta.gal/medio-ambiente/litoral/concesions/2026/EXP-A-2025-304-C.pdf
Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2026
Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
