De conformidade co disposto no artigo 152.12 do Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, faise pública a Resolución da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, do 16 de setembro de 2026, pola que se outorgou a concesión da referencia, coas seguintes condicións principais:
Titular: Concello de Vimianzo.
Destino: posta en valor do muíño de mareas de Cereixo e implantación dun museo etnográfico.
Superficie: 201,55 m².
Prazo: 15 anos.
Canon: 3.843,36 €.
Poderá consultarse a resolución completa na seguinte ligazón:
https://ficheiros-web.xunta.gal/medio-ambiente/litoral/concesions/2026/muino-mareas-cereixo.pdf
Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2026
Paula Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
