De conformidade co disposto no artigo 24.3 do texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:
|
Instalación: planta de produción de biodiésel |
Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada (AAI) |
|
Titular: Biovigo Energy, S.L. |
Núm. de rexistro da AAI: 2022-IPPC-119_370 |
|
Localización: concello de Curtis (A Coruña) |
Expediente: 2026-IPPC-M-54 |
Esta resolución poderase consultar en https://medioambiente.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada (utilizando o código de busca 2022-IPPC-I-119), ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2026
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
