Para os efectos previstos no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación de impacto ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (BOE núm. 143, do 13 de xuño), e no artigo 23 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño), este departamento territorial
ACORDA:
Someter a información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de autorización de aproveitamento de recursos mineiros da sección A) San Mamede, núm. 170, situada no concello de Mesía, provincia da Coruña, promovido pola sociedade Tejas Verea, S.A.
Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán examinar o expediente na Sección de Minas do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.minas.coruna@xunta.gal ou no teléfono 981 18 49 13, así como no portal da dita consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras
E formular as súas alegacións por escrito ante este órgano administrativo presentándoas en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Transcorrido o período de información pública, proseguirase coa tramitación da avaliación de impacto ambiental ordinaria, prevista na Lei 22/2013, do 9 de decembro, a que está sometido este proxecto, cuxa autorización compete, como órgano substantivo, á Consellería de Economía e Industria ao abeiro do establecido na Lei 3/2008, do 23 de maio.
A Coruña, 2 de outubro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
