DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Venres, 9 de outubro de 2026 Páx. 52203

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 29 de setembro de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se convocan as persoas interesados ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto dos predios afectados por un proxecto de instalación eléctrica situada no concello do Pereiro de Aguiar (expediente IN407A 2024/111-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócase á persoa interesada ao acto de levantamento da acta de pagamento do prezo xusto fixado polo Xurado de Expropiación de Galicia relativo ao predio afectado pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA VLL810/VLL825 no treito entre os apoios números BDSA6QSF e D54, que terá lugar na casa do concello do Pereiro de Aguiar, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo.

A persoa titular de dereitos sobre o ben afectado deberá comparecer no dito acto por si mesma ou representada por unha persoa debidamente autorizada e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade. Tamén deberá achegar unha certificación de titularidade da conta bancaria onde, tras a súa solicitude, se lle ingresará, mediante transferencia, o importe do prezo xusto máis os xuros correspondentes.

Ourense, 29 de setembro de 2026

Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense

ANEXO

Relación de persoas afectadas descoñecidas,
con enderezo ignorado ou non notificadas

Número de expediente: IN407A 2024/111-3.

Instalación: Regulamentación LMTA VLL810/VLL825 no treito entre os apoios números B-SA6QSF e D54.

Concello: O Pereiro de Aguiar.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Convocatoria:

Data: 16 de novembro de 2026.

Lugar: casa do concello do Pereiro de Aguiar.

Hora: véxase a táboa.

Predio número

Lugar

Referencia catastral

Titular

Hora

1

Naranxo

32059A005000710000OL

Carlos Sequeiros Vilarchao

12.45