Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Enderezo social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: Substitución do tramo da LMT MOS705 e MOS706 por incumprimento da distancia vertical mínima.
Situación: Mos.
Descricións técnicas:
– Substitución do apoio A3G22W2H, na parcela con referencia catastral 36033A049009280000SU, e dos apoios A3GKR0AD e A3I2VMP6, na parcela con referencia catastral 36033A049009270000SZ, por apoios metálicos de celosía tipo C-3000/18, C-4500/16 e C-3000/18 respectivamente.
– Substitución dos XS (36HQ12) do apoio A3I2VMP6.
– Retensado de 64 metros da liña de media tensión aérea (LMTA) a 15 kV, con condutor LAC-80, entre o apoio existente A3FKCM18//A3FKCM18 e o apoio proxectado C-3000/18.
– Substitución de 81 metros da LMTA a 15 kV, con condutor LA-110, entre os apoios proxectados C-3000/18 e C-4500/16.
– Retensado de 103 metros da LMTA a 15 kV, con condutor LAC-80, entre o apoio proxectado C-4500/16 e o apoio existente A3HEGD4S.
– Substitución de 186 metros da LMTA a 15 kV, con condutor LA-56, entre o apoio proxectado C-4500/16 e o apoio existente A3JNIXLJ//A3JNIXLJ.
A instalación está no lugar de Monte, no concello de Mos (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37; así como no portal da mencionada consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 4 de setembro de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Núm. de expediente: IN407A 2026/180-4.
Denominación: Substitución do tramo da LMT MOS705 e MOS706 por incumprimento da distancia vertical mínima.
Concello: Mos.
|
Núm. |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Afectacións |
|||
|
Pleno dominio |
Servidume |
|||||||
|
Apoio (cantidade) |
m² |
ml aéreo |
m² aéreo |
|||||
|
1 |
Lg. Av. Sanguiñeda. Mos |
Rústico. Labor-terra arable |
36033A049009280000SU |
Demetrio Dagraza Costas |
1 |
2 |
- |
151,84 |
|
2 |
Lg. Av. Sanguiñeda. Mos |
Rústico. Labor-terra arable |
36033A049009270000SZ |
Demetrio Dagraza Costas |
2 |
4 |
81,27 |
1.182,44 |
