Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: LMTS, CT Barcia II.
Situación: Vilanova de Arousa.
Características técnicas:
– Retirada do centro de transformación de 160 kVA situado no apoio 9X14VDJO//38-41-1CT.
– Instalación dun reconectador e dun paso aéreo-subterráneo no apoio 9X14VDJO//38-41-1CT.
– Retensado de 23 metros de lonxitude da liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV en condutor LA 56, con orixe no apoio existente con matrícula 9X1HLVG8 e final no apoio 9X14VDJO//38-41-1CT.
– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150) de 377 metros de lonxitude, con orixe no apoio 9X14VDJO//38-41-1CT e final no centro de transformación proxectado.
– Centro de transformación prefabricado rural de 160 kVA, en envolvente de formigón manobra exterior, con relación 20.000/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36061A324002460000MO.
A instalación está situada no lugar de Barcia, na parroquia de Baión, no concello de Vilanova de Arousa (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37; así como no portal da mencionada consellería (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).
Durante o devandito período, calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 4 de setembro de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Número de expediente: IN407A 2026/196-4.
Denominación: LMTS, CT Barcia II.
Concello: Vilanova de Arousa.
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Afeccións |
||
|
Pleno dominio |
Servidume |
||||||
|
CT (m2) |
ml sub. |
m2 sub. |
|||||
|
1 |
Monte da Barcia, Vilanova de Arousa |
Rústico |
36061A324002460000MO |
CMVMC de Baión |
21,68 |
- |
- |
