DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Venres, 9 de outubro de 2026 Páx. 52193

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 4 de setembro de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Gondomar (expediente IN407A 2026/200-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS, substitución do CTI Chaín (36A743) por CTC.

Situación: Gondomar.

Características técnicas:

– Desmantelamento do centro de transformación intemperie Chaín (36A743) de 160 kVA.

– Instalación dun centro de transformación compacto de tipo prefabricado con envolvente de formigón de manobra exterior 2L+1P de 250 kVA, con relación 15.000/400 V.

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150) de 35 metros de lonxitude, con orixe e final nos empalmes para realizar no punto de acceso á rede, con entrada e saída no centro de transformación proxectado.

A instalación está situada no lugar de Igrexa, Chaín, s/n, no concello de Gondomar (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante un prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37; así como no portal da mencionada consellería (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o devandito período, calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 4 de setembro de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: IN407A 2026/200-4.

Denominación: LMTS, substitución do CTI Chaín (36A743) por CTC.

Concello: Gondomar.

Nº

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

Pleno dominio

Servidume

CT (m2)

ml sub.

m2 sub.

1

Lugar Igrexa, Chaín (Gondomar)

Rústico

1630220NG2613S0000BQ

Ledicia Rey Salgueiro

16,81

4,0

10,59