DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Venres, 9 de outubro de 2026 Páx. 52191

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 3 de setembro de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2026/134-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS e substitución do CT Cedeira (36CC51).

Situación: Redondela.

Características técnicas:

– Retirada do centro de transformación (CT) Cedeira (36CC51), de 400 kVA, do tipo non prefabricado e caseta alta.

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV con condutor RHZ1 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, de 28 metros de lonxitude, con orixe e final nos puntos de acceso á rede proxectados para a conexión coa LMTS existente RED712, con entrada e saída no CT proxectado.

– Centro de transformación prefabricado, telecontrolado, con celas compactas 2L+1P, de 400 kVA, con relación de transformación 15.000/400 V, que se situará na parcela con referencia catastral 1308604NG3810N0001ZA.

A instalación está situada na rúa do Cruceiro e no camiño do Buscal, lugar do Cruceiro-Cedeira, no concello de Redondela (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37, así como no portal da mencionada consellería (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o devandito período, calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 3 de setembro de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: IN407A 2026/134-4.

Denominación: LMTS e substitución do CT Cedeira (36CC51).

Concello: Redondela.

Nº

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

Pleno dominio

Servidume

CTC (m2)

ml sub.

m2 sub.

1

Camiño Buscal

de Cedeira, 1,

Redondela

Solo de núcleo rural común

1308604NG3810N0001ZA

Cándida Otero Barcilea

16,81

-

-