De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) faise pública a relación de convenios subscritos:
|
Título |
Obxecto |
Data de sinatura |
Aportación económica da sociedade |
|
Convenio de cooperación entre a Mancomunidade do Morrazo e a Sociedade Galega do Medio Ambiente, Sociedade Anónima para a xestión da planta de transferencia de residuos urbanos da mancomunidade |
O presente convenio ten por obxecto regular a cooperación entre a Mancomunidade do Morrazo e Sogama para dar continuidade á integración no sistema institucional de residuos de Galicia da planta de transferencia de residuos urbanos que a mancomunidade opera polos seus propios medios. En virtude do presente convenio a planta de transferencia continuará integrada funcionalmente no sistema de xestión de residuos urbanos xestionado por Sogama, sen prexuízo do mantemento da súa titularidade e xestión directa da mancomunidade, fixándose as condicións técnicas e económicas de dita integración. |
28.7.2026 |
559.504,00 €+IVE. 615.454,40 € con IVE |
|
Convenio de colaboración relativo a actividades de interese xeral entre Sogama e a Asociación Cultural O Castro |
O presente convenio ten por obxecto colaborar co programa de Envellecemento activo que está a desenvolver a Unidade de Voluntariado de Atención a Persoas Maiores da AOC, nas súas necesidades de transporte de persoas usuarias. Para alcanzar ese obxectivo, Sogama, S.A. comprométese a achegar financiamento polo importe que se reflicte na cláusula cuarta, que irá destinado á finalidade anteriormente exposta. Pola súa banda, a AOC comprométese a difundir a participación de Sogama, S.A. nos termos descritos na cláusula quinta. |
7.8.2026 |
15.000,00 €+IVE |
Cerceda, 17 de setembro de 2026
Javier Domínguez Lino
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.
