A Asemblea Xeral da Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense na súa sesión extraordinaria do día 30 de setembro de 2026, por unanimidade,
ACORDA:
Modificar a previsión relativa ao exercicio das funcións reservadas correspondentes ao posto de Secretaría-Intervención da Mancomunidade, de xeito que onde actualmente se establece: «As funcións reservadas aos citados postos serán exercidas mediante o sistema de acumulación de funcións por un/unha funcionario/a de Administración local con habilitación de carácter nacional dalgún dos concellos que integran a Mancomunidade» pase a establecerse: «As funcións reservadas serán exercidas, mediante o sistema de acumulación de funcións por un/unha funcionario/a de Administración local con habilitación de carácter nacional», de acordo co establecido no artigo 10.2 do Real decreto 28/2018.
Paderne de Allariz, 2 de setembro de 2026
José Antonio Blanco Pérez
Presidente da Mancomunidade Voluntaria
de Concellos da Comarca de Ourense
