DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Venres, 9 de outubro de 2026 Páx. 52248

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a ampliación da bolsa de traballo para a provisión, mediante nomeamento interino, de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional, subescala secretaría-intervención, de entidades locais da provincia de Ourense.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 176, do 15 de setembro de 2026, publicáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a ampliación da bolsa de traballo para a provisión, mediante nomeamento interino, de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional, subescala secretaría-intervención, de entidades locais da provincia de Ourense.

De acordo co previsto na base 3, número 3, queda aberto o prazo de presentación de solicitudes, que será de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

As sucesivas publicacións do procedemento selectivo efectuaranse na páxina web da Deputación Provincial de Ourense (http://www.depourense.gal).

Ourense, 15 de setembro de 2026

Luis Menor Pérez
Presidente da Deputación Provincial de Ourense