De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentáronse sen efecto as notificacións dos actos que se indican por causas non imputables á Administración.
Ao non ser posible efectuarlles as comunicacións a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, fanse públicas as comunicacións de xestión da biomasa.
|
Acto que se |
Referencia catastral Polígono/parcela |
Localización |
Superficie afectada |
Liquidación provisional |
Interesado/a Persoa responsable |
|
Orde de execución (exp. 1725/2025) Resolución de inicio O.E. do 6.10.2025 |
36053A01400123 (polígono 14, parcela 123) |
Arcade de Riba-Arcade |
784 m² |
312,18 € |
José Lorenzo Bouzón ***7048** |
|
Orde de execución (exp. 579/2026) Resolución de inicio O.E. do 26.3.2026 |
36053A01501602 (polígono 15, parcela 1602) |
Arcade |
2.695 m² |
545,41 € |
Herdeiros de ***2765** |
|
Orde de execución (exp. 1369/2026) Resolución de inicio O.E. do 4.9.2026 |
36053A01800644 (polígono 18, parcela 644) |
Romariz-Soutomaior |
385 m² |
303,30 € |
José Cernadas Parada ***6925** |
|
Orde de execución (exp. 1328/2026) Resolución de inicio O.E. do 4.9.2026 |
36053A01801049 (polígono 18, parcela 1049) |
O Sobral-Soutomaior |
499 m² |
375,96 € |
En investigación |
|
Orde de execución (exp. 1327/2026) Resolución de inicio O.E. do 4.9.2026 |
36053A01801030 (polígono 18, parcela 1030) |
O Sobral-Soutomaior |
195,9 m² |
238,71 € |
En investigación |
|
Orde de execución (exp. 1326/2026) Resolución de inicio O.E. do 4.9.2026 |
36053A01801033 (polígono 18, parcela 1033) |
O Sobral-Soutomaior |
274 m² |
274,08 € |
En investigación |
|
Orde de execución (exp. 1325/2026) Resolución de inicio O.E. do 4.9.2026 |
36053A01801035 (polígono 18, parcela 1035) |
O Sobral-Soutomaior |
224 m² |
252,28 € |
Herdeiros de Fermina Lourido S-S |
|
Orde de execución (exp. 1302/2026) Resolución de inicio O.E. do 4.9.2026 |
36053A00500369 (polígono 5, |
Aranza-Soutomaior |
266 m² |
255,92 € |
María Garrido Álvarez |
|
Orde de execución (exp. 959/2026) Resolución de inicio O.E. do 11.8.2026 |
36053A00500518 (polígono 5, |
Aranza-Soutomaior |
573 m² |
409,47 € |
Herdeiros de |
En virtude do que antecede, comunícaselles que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da publicación desta notificación no BOE.
Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que lles sirva de notificación ás persoas interesadas, e para este fin comunícaselles que tanto a notificación como o expediente están á súa disposición no Concello de Soutomaior (rúa Alexandre Bóveda, 13, 36690 Soutomaior, Pontevedra). Igualmente, poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.
O artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación se efectuará mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.
O artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión da biomasa, e os custos repercutirán ás persoas responsables.
Ademais, o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitarlles os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria de xestión da biomasa nas redes de faixas secundarias de xestión.
Soutomaior, 18 de setembro de 2026
Manuel Antonio Lourenzo Sobral
Alcalde presidente
