DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Venres, 9 de outubro de 2026 Páx. 52163

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2026 pola que se aproba e se fai pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas, e pola que se convocan as persoas aspirantes á realización do segundo exercicio do proceso selectivo para cubrir tres prazas da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade física, grupo III, pola quenda de promoción interna, do cadro de persoal laboral.

Mediante a Resolución do 19 de xaneiro de 2026 (DOG do 30 de xaneiro), convocáronse as probas selectivas para cubrir tres prazas da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade física, grupo III, pola quenda de promoción interna, do cadro de persoal laboral.

A través da Resolución do 20 de febreiro de 2026 (DOG do 2 de marzo), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que poidan motivar a exclusión ou a omisión.

Unha vez rematado o dito prazo, e consonte o que establece a base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que la lista definitiva está exposta no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela e na web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas á realización do segundo exame da fase de oposición (proba tipo test) para o venres 27 de novembro de 2026, ás 9.30 horas, na aula 5 da Facultade de Óptica e Optometría, sita na rúa de Xoaquín Díaz de Rábago, 2, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña (Campus Vida).

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal no taboleiro electrónico da USC e na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer demanda no Xulgado do Social no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 69 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Non obstante, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou, ao abeiro do artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2026

Rosa María Crujeiras Casais
Reitora da Universidade de Santiago de Compostela