Mediante a Resolución reitoral do 12 de xuño de 2026 (DOG do 25 de xuño), convocáronse as probas selectivas para cubrir cinco prazas da categoría profesional de técnico/a xestor/a de tecnoloxías da información e das comunicacións, grupo II, pola quenda de promoción interna. Logo de finalizado o prazo de presentación de solicitudes,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de promoción interna ás citadas probas.
Segundo. Indicar que a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela (en diante, USC) e na web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.
Cuarto. Para emendar a exclusión ou a omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na ligazón https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm
Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, o que xustifica o seu dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.
Sexto. Nomear, en aplicación da base 5.1 da convocatoria, o tribunal do proceso selectivo. Este estará composto polas seguintes persoas:
Tribunal titular:
Presidente:
– Rafael Varela Pet, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
Vogais:
– Emilio José Rodríguez Grille, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
– Alejandro Manuel Nieto Lareo, persoal laboral fixo do grupo II da USC.
– Tomás Vilariño Fidalgo, persoal laboral fixo do grupo II da USC.
Secretaria:
– Sara López González, funcionaria de carreira da escala de xestión da USC, que actuará con voz e voto.
Tribunal suplente:
Presidente:
– José Manuel Velo García, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
Vogais:
– María José Cabanas Rodríguez, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
– Juan Oreiro Formoso, persoal laboral fixo do grupo II da USC.
– José Antonio Antelo Castelo, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
Secretaria:
– Silvia María Moreira Figueiras, funcionaria de carreira da escala técnica superior da USC, que actuará con voz e voto.
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2026
Rosa María Crujeiras Casais
Reitora da Universidade de Santiago de Compostela
