DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Venres, 9 de outubro de 2026 Páx. 52167

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se outorgan a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Porto Exterior da Coruña, sito no concello de Arteixo (A Coruña) e promovido por Inditex Renovables, S.L.U. (expediente AUT/2023/02).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Inditex Renovables, S.L.U., en relación coas autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico Porto Exterior da Coruña, constan os seguintes

Antecedentes de feito:

1. O 25.3.2023, Inditex Renovables, S.L.U. solicitou a declaración de excepcionalidade que establece o artigo 6.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, para o parque eólico Porto Exterior da Coruña.

2. O 3.8.2023, o Consello da Xunta de Galicia acordou declarar o parque eólico Porto Exterior da Coruña como proxecto cunha clara incidencia territorial pola súa entidade económica e social, cunha función vertebradora e estruturante do territorio. O 6.10.2023, Inditex Renovables, S.L.U. presentou a solicitude de autorización administrativa previa e de construción para o parque eólico Porto Exterior da Coruña, sito no concello de Arteixo (A Coruña), ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

3. O 6.10.2023, Inditex Renovables, S.L.U. presentou, ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Consellería de Economía, Industria e Innovación (en diante DXPERN), a solicitude de autorización administrativa previa e de construción para o proxecto denominado parque eólico Porto Exterior da Coruña (en diante, o parque eólico) (expediente AUT/2023/02), e xunto coa solicitude achegou a documentación técnica e urbanística correspondente.

4. O 18.10.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais notificoulle á promotora o cumprimento dos requisitos indicados no artigo 29.2 da dita Lei 8/2009, do 22 de decembro.

5. O 20.10.2023, de acordo co previsto no artigo 33.7 da Lei 8/2009, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais solicitou o informe ao órgano competente en materia de ordenación do territorio.

6. O 27.11.2023, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe de referencia do artigo 33.7 da Lei 8/2009, onde se indica que «comprobado o planeamento vixente no concello afectado pola área de incidencia urbanística proposta (normas subsidiarias de planeamento (NSP) do Concello de Arteixo do 23.3.1995), e as coordenadas dos 3 aeroxeradores especificadas na documentación achegada, e coincidentes coas que figuran no proxecto recadado, conclúese que todos os aeroxeradores cumpren a citada distancia mínima coas diferentes delimitacións de solo de núcleo rural, urbano e urbanizable residencial».

O 30.11.2023, a promotora solicitou a rectificación dos erros materiais presentes no informe e relativos á descrición das instalacións do parque eólico Porto Exterior da Coruña.

O 22.1.2024, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu un novo informe de referencia do artigo 33.7 da Lei 8/2009, onde se indica que «Comprobado o planeamento vixente no concello afectado pola área de incidencia urbanística proposta (normas subsidiarias de planeamento (NSP) do Concello de Arteixo do 23.3.1995), e as coordenadas dos 3 aeroxeradores especificadas na documentación achegada, conclúese que todos os aeroxeradores cumpren a citada distancia mínima coas diferentes delimitacións de solos urbanos, urbanizables e de núcleo rural, con uso residencial».

7. O 29.1.2024, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais remitiulle a documentación técnica do proxecto do parque eólico á Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña para a continuación da tramitación, de acordo co previsto no artigo 33.9 da Lei 8/2009.

8. O 20.2.2024, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña solicitou a aclaración e emenda para poder continuar coa tramitación, de acordo co establecido nos artigos 33.10 e 33.12 da dita Lei 8/2009, do 22 de decembro. O 29.2.2024, a promotora solicitou unha ampliación do prazo para contestar a solicitude do 20.2.2024.

9. O 6.3.2024, a promotora achegou nova documentación técnica.

10. O 15.3.2024, a promotora solicitou a paralización do trámite da información pública do proxecto do P.E. Porto Exterior da Coruña ao detectar un solapamento do aeroxerador núm. 3 co corredor da visual de voo dos procedementos VFR, de acordo coa información facilitada pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA). Así mesmo, indicou que modificaría a localización do aeroxerador núm. 3 e a posición da torre anemométrica pola súa interferencia coa edificación doutra concesión portuaria.

11. O 3.7.2024, a promotora, unha vez efectuadas as correspondentes modificacións da localización do aeroxerador núm. 3 e da torre anemométrica, presentou unha nova documentación e solicitou que se continúe coa tramitación do procedemento da referida instalación para as súas autorizacións.

12. O 8.8.2024, a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático (en diante DXERCC) solicitou o informe á Dirección Xeral de Urbanismo sobre a modificación do proxecto do parque eólico Porto Exterior da Coruña, en cumprimento do artigo 33.7 da citada Lei 8/2009, do 22 de decembro, nos termos establecidos na súa disposición adicional quinta e transitoria sétima. O 28.8.2024, a Dirección Xeral de Urbanismo emitiu o informe. O 17.9.2024, a DXERCC remitiu ao promotor e ao Departamento Territorial da Coruña o referido informe.

13. O 1.10.2024, o Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático acordou someter a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Porto Exterior da Coruña, sito no concello de Arteixo (A Coruña) e promovido por Inditex Renovables, S.L.U. (expediente AUT/2023/02).

O dito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia do 25.10.2024. Así mesmo, permaneceu exposto ao público no taboleiro de anuncios do Concello de Arteixo, segundo o certificado emitido o 11.12.2024, e no taboleiro de anuncios das dependencias do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, segundo o certificado emitido o 30.10.2025.

Asemade, o dito acordo estivo exposto no portal web da citada consellería, onde puido accederse á documentación técnica da referida instalación relacionada no parágrafo anterior, para o coñecemento xeral e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que se consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, de acordo co disposto no artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

14. Durante o trámite de información pública tiveron entrada no Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático cento setenta e oito (178) alegacións á instalación referida, das cales cento vinte e seis (126) tiveron entrada no período de exposición pública e as restantes cincuenta e dúas (52) tiveron entrada rematado o dito período de información pública, e que foron remitidas á promotora, de acordo co disposto nos artigos 33.11 e 33.15 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Durante a tramitación do procedemento, e de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a Xefatura Territorial da Coruña remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público o de interese xeral: AESA, Augas de Galicia, Concello de Arteixo, Enagás, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, R Cable, Red Eléctrica de España, Telefónica, Oleosilos, S.A., Instituto de Estudos do Territorio, Autoridade Portuaria da Coruña, Deputación da Coruña, Pérez Torres, Nedgia Galicia S.A., e UFD Distribución y Electricidad. Consultouse mediante a remisión do proxecto a Sasemar, Aemet e Retevisión.

A continuación relaciónanse os organismos que emitiron os correspondentes condicionados técnicos: Augas de Galicia, Red Eléctrica de España, S.A., R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U, Concello de Arteixo, UFD Distribución y Electricidad, S.A., Telefónica de España, S.A.U., Autoridade Portuaria da Coruña, Enagás, UFD, Nedgia Galicia, S.A., Retevisión, Aemet, Aesa e Sasemar.

Os informes recibidos foron remitidos á promotora para a súa conformidade e aceptación dos condicionados impostos ou para que formule os reparos que xulgue procedentes, de acordo co disposto no artigo 33.15 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Con respecto aos demais condicionados técnicos solicitados, e de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, ao non se recibiren estes en prazo, enténdese a conformidade co proxecto e continúase a tramitación do procedemento.

15. O 19.9.2025, a promotora, como consecuencia dos informes emitidos pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural o 21.3.2025, relativo ao estudo do impacto ambiental (EIA), e do informe emitido por Red Eléctrica de España o 21.11.2024 relativo á separata, presentou unha nova documentación e solicitou que se continúe coa tramitación.

16. O 20.11.2025, a promotora presentou, no Departamento Territorial da Coruña, como resposta a un novo requirimento do 14.11.2025, os documentos definitivos adaptados do proxecto de execución e do estudo de impacto ambiental en que se incorporan as modificacións e adaptacións de cada un destes documentos.

17. O 20.11.2025, a xefatura territorial remitiulle o expediente á Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático para continuar coa tramitación do procedemento, de acordo co establecido no artigo 33.16 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

18. O 20.11.2025, a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático remitiu á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade a solicitude de avaliación de impacto ambiental ordinaria e os documentos que a deben acompañar.

19. O 5.12.2025, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade formulou a declaración de impacto ambiental (DIA) relativa ao parque eólico, que se fixo pública polo Anuncio do 5 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto parque eólico Porto Exterior da Coruña, no concello de Arteixo (A Coruña) (expediente 2025/0213).

20. O 20.1.2026, a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático requiriulle á promotora a documentación técnica refundida, consonte o artigo 33.15 da Lei 8/2009, do 22 de decembro. Na mesma data solicitoulle á promotora a autorización en materia de servidumes aeronáuticas emitida pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) para o parque eólico.

21. O 3.2.2026, a promotora achegou o proxecto de execución refundido e o acordo da AESA en materia de servidumes aeronáuticas.

22. O 9.2.2026, esta dirección xeral solicitou ao Departamento Territorial da Coruña a emisión do informe relativo á normativa de instalacións industriais e eléctricas.

23. O 25.2.2026, o Departamento Territorial da Coruña remitiu o informe relativo á normativa de instalacións industriais e eléctricas, sobre o proxecto recollido no antecedente de feito vixésimo primeiro.

24. O 7.7.2026, a Subdirección Xeral de Biodiversidade Terrestre e Mariña (SXBTM) emitiu o informe relativo á posible afección á zona de especial protección para as aves (ZEPA) ES0000554 Corredor migratorio galaico-cantábrico occidental, da súa competencia.

25. O 20.7.2026, a promotora remitiu unha nova versión do Plan de vixilancia ambiental (PVA), en resposta ao sinalado no informe da SXBTM. O 6.8.2026, a SXBTM deu a súa conformidade coa proposta da promotora, sempre condicionada ao cumprimento do resto de condiciones establecidas no informe de afección.

26. O parque eólico conta cos dereitos de acceso e conexión á rede de distribución para unha potencia de 18 MW, segundo os informes do xestor da rede do 8.5.2023.

Aos antecedentes de feito descritos sonlles de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, no Decreto 137/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (modificado, entre outros, polo Decreto 106/2025, do 11 de novembro), e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, e vistas as respostas efectuadas pola promotora, maniféstase o seguinte:

No que respecta ás alegacións de carácter ambiental, hai que indicar que estas cuestións se tiveron en conta na declaración de impacto ambiental emitida pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade o 5.12.2025, na cal se recollen as condicións desde un punto de vista ambiental en que se pode desenvolver o proxecto, así como as medidas preventivas, correctoras e compensatorias necesarias e a necesidade dun plan de vixilancia ambiental.

Durante o trámite de avaliación de impacto ambiental a que o proxecto foi sometido, recibíronse informes dos seguintes organismos: Augas de Galicia, Axencia de Turismo de Galicia, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Saúde Pública, Instituto de Estudos do Territorio, Subdirección Xeral de Biodiversidade Terrestre e Mariña do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITERD) e Concello de Arteixo.

En relación coa existencia de proxectos eólicos próximos, cabe indicar que o estudo de impacto ambiental do parque eólico contén un estudo de sinerxías e efectos acumulativos, no cal se tiveron en conta as infraestruturas existentes nun raio de 15 km en torno ao P.E. Porto Exterior.

No relativo á alegación de que o proxecto carece de utilidade pública, a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica estipulan que toda instalación eléctrica ten recoñecida a utilidade pública.

En relación coa ausencia dunha avaliación das infraestruturas de evacuación e a fragmentación de proxectos, así como coa imposibilidade de acceder á súa documentación ambiental, cómpre indicar que o proxecto do parque eólico Porto Exterior da Coruña inclúe todas as instalacións necesarias ata o punto de conexión á rede de distribución existente. Trátase dun único expediente con tres proxectos: o da subestación Inditex 20/132 kV, a do parque eólico e o da liña de evacuación de 132 kV. A Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, define o fraccionamento de proxectos como o «mecanismo artificioso de división dun proxecto co obxectivo de evitar a avaliación de impacto ambiental ordinaria, no caso de que a suma das magnitudes supere os limiares establecidos no anexo I». O pretendido fraccionamento tería como fin último eludir a avaliación ambiental ordinaria; porén, o P.E. Porto Exterior foi sometido a unha avaliación ambiental ordinaria.

En relación coa distancia dos aeroxeradores ás vivendas e á compatibilidade coa saúde, as primeiras cumpren coa disposición adicional 5ª da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e dispón do informe favorable da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, do 28.8.2024, citado no antecedente de feito décimo segundo. E por outra banda, o 2.12.2024, a Dirección Xeral de Saúde Pública emitiu un informe favorable condicionado a fixar medidas preventivas e correctoras ao proxecto.

Sobre ás afectacións aos servizos de difusión da TDT pública e privada, o 24.11.2024 Retevisión emitiu un condicionado técnico ao proxecto, segundo o antecedente de feito décimo cuarto, en que indica a necesidade de resolver os problemas futuros que poidan xurdir, así como o compromiso de notificarlles en caso de variar a localización dos aeroxeradores para que poidan realizar unha nova avaliación.

Polo tanto, en canto á idoneidade da localización do parque eólico, debemos remitirnos ao ditame do órgano ambiental na formulación da declaración de impacto ambiental.

Cuarto. A continuación recóllese a información exixida nas letras a) e b) do artigo 42.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, a respecto da declaración de impacto ambiental (DIA) das instalacións do parque eólico Porto Exterior da Coruña, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 5.12.2025, e recollida no antecedente de feito décimo noveno desta resolución:

a) A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático resolveu: «Formular a declaración de impacto ambiental do parque eólico Porto Exterior da Coruña, considerando que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e na restante documentación avaliada, o condicionado que figura ao longo desta resolución».

b) A DIA que nos ocupa refírese ás instalacións do parque eólico Porto Exterior da Coruña.

No anexo Condicións ambientais da DIA recóllense as condicións que complementan, matizan ou subliñan as incluídas no estudo de impacto ambiental e na restante documentación avaliada, distribuídas nos seguintes ámbitos:

1. Condicións particulares.

2. Condicións xerais.

2.1. Protección da atmosfera.

2.2. Protección das augas e leitos fluviais.

2.3. Protección do solo e das infraestruturas.

2.4. Xestión de residuos.

2.5. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

2.6. Integración paisaxística e restauración.

3. Outras condicións.

4. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

1. Aspectos xerais.

2. Aspectos específicos.

3. Informes do programa de vixilancia.

De acordo con todo o que antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar a autorización administrativa previa ás instalacións do parque eólico Porto Exterior da Coruña, sito no concello de Arteixo (A Coruña) e promovido por Inditex Renovables, S.L.U., cunha potencia total de 19,8 MW (limitada a 18 MW).

Segundo. Outorgar a autorización administrativa de construción ao proxecto de execución das instalacións do parque eólico Porto Exterior da Coruña, composto polo documento Proxecto do parque eólico Porto Exterior da Coruña, asinado dixitalmente o 17.9.2025 polo enxeñeiro industrial José Luis Ovelleiro, colexiado núm. 1.937 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Aragón e La Rioja e visado o 17.9.2025 polo dito colexio.

As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: Inditex Renovables, S.L.U.

Enderezo social: Av. da Deputación, edificio Inditex, 15143 Arteixo (A Coruña).

Denominación: parque eólico Porto Exterior da Coruña.

Potencia instalada: 19,8 MW.

Potencia autorizada/evacuable: 18 MW.

Produción neta: 52.368 Mwh/ano.

Horas equivalentes: 2.645 horas.

Concellos afectados: Arteixo (A Coruña).

Orzamento de execución material (sen IVE): 17.463.601,76 € (parque eólico), 3.552.252,85 € (ampliación SET Inditex) e 719.109,56 € (LSAT 132 kV); total: 21.734.964,17 €.

Prazo de execución material: doce (12) meses.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico ás cales se circunscriben as autorizacións:

Vértice poligonal

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

V1

537.607

4.800.702

V2

541.268

4.800.537

V3

541.226

4.799.287

V4

540.653

4.796.408

V5

540.005

4.796.288

V6

539.756

4.796.495

V7

540.356

4.797.762

V8

540.308

4.797.911

V9

537.686

4.798.394

Coordenadas dos aeroxeradores do parque eólico:

Aeroxerador

Coordenadas UTM

Altura de buxeiro (m)

Potencia (MW)

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

AG-01

539.337

4.800.345

115

6,6

AG-02

539.930

4.800.385

115

6,6

AG-03

540.597

4.799.991

115

6,6

Coordenadas da torre meteorolóxica do parque eólico:

Torre meteorolóxica

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

MM-1

539.775

4.800.020

Coordenadas ampliación SET Inditex:

Celas

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

V1

540.230,72

4.796.453,67

V2

540.233,85

4.796.446,28

V3

540.260,18

4.796.455,20

V4

540.261,27

4.796.451,98

V5

540.271,88

4.796.455,57

V6

540.268,23

4.796.466,37

Características técnicas principais das instalacións eléctricas de produción, interconexión e transformación:

• Tres (3) aeroxeradores tripá, modelo Siemens-Gamesa SG 6.6-170 ou similar, de potencia nominal unitaria 6,6 MW, velocidade e paso variables, diámetro do rotor 170 m e altura ata a buxa 115 m.

• Tres (3) centros de transformación trifásicos instalados na góndola de cada aeroxerador, de relación de transformación 0,69/20 kV e potencia aparente unitaria 7.332 kVA.

• Unha (1) torre anemométrica de medición permanente do recurso, de 115 m de altura.

• Un sistema colector de media tensión formado por dous (2) circuítos trifásicos de tensión nominal 20 kV nunha instalación soterrada, que ten como obxecto a canalización da enerxía xerada polas aeroturbinas ata a SET Inditex 20/132 kV. O cable empregado para esta rede será de aluminio, de tipos RHZ1-OL e HEPRZ1-OL, 12/20 kV, de diferentes seccións (240 e 630 mm²). Pola mesma canalización prevese un cable de enlace de terra ou de acompañamento, de 1×50 mm² en cobre espido, que se unirá coa posta á terra da subestación e fibra óptica.

• Ampliación do actual SET Inditex 20/132 kV no polígono industrial de Sabón, co fin de permitir a evacuación da enerxía xerada no parque eólico Porto Exterior da Coruña e a súa conexión á rede de distribución da zona, en 132 kV, a través do nó Sabón 132 kV (de UFD).

• A subestación está equipada da seguinte forma:

• Dous (2) transformadores trifásicos de potencia de intemperie, illados en aceite, de 132/20 kV e 20 MVA cada un.

• Un (1) módulo GIS compacto, en simple barra, en SF6, formado polas seguintes tres posicións:

– Unha (1) posición de liña para a interconexión co futuro punto de conexión proporcionado por UFD na SET Sabón no nivel de 132 kV.

– Dúas (2) posicións de transformador 132/20 kV 1 × 20 MVA.

• Sistema de 20 kV formado por:

– Dúas (2) celas de protección de transformador de potencia.

– Dúas (2) celas de protección de liña de media tensión de evacuación do parque.

– Unha (1) cela para protección do acoplamento lonxitudinal de barras en 20 kV.

– Unha (1) cela para remonte a barras en 20 kV.

• Características técnicas principais da liña de alta tensión de 132 kV:

• Unha LSAT 132 kV que vai desde a SET Inditex 20/132 kV ata a SET Sabón 132 kV de UFD (posición 109), onde estará o punto de conexión á rede de distribución.

• Lonxitude de 1.298 m e discorrerá baixo a calzada polo polígono de Sabón.

• Cable unipolar de aluminio tipo RHZ1-RA+2OL(AS) 76/132 kV 1×500 MAL+H245 Cu e fibra óptica.

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Consonte o disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Inditex Renovables, S.L.U. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ao ambiente e do custo da restauración. O punto 5.1 do anexo, Condicións ambientais da declaración de impacto ambiental, sinala: «O importe do aval, que fixará o órgano substantivo, será actualizable e unha parte corresponderá á fase de obras e outra á de desmantelamento e abandono de instalacións».

En consecuencia, fíxase o importe da fianza en 380.362 euros, dos cales 163.012 corresponden á fase de obras e 217.350 á fase de desmantelamento.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, e no mencionado punto 5.1 do anexo Condicións ambientais da DIA, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

2. Para a inscrición da instalación no Rexistro Autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG núm. 135, do 14 de xullo), a promotora efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

3. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 37, do 23 de febreiro).

4. En canto aos bens e dereitos afectados por este parque eólico e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, a promotora cumprirá cos condicionados e informes emitidos por estes, para os que mostrou a súa conformidade.

No caso de que se manifestasen perturbacións ou interferencias nos servizos de telecomunicacións legalmente autorizados, directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, a promotora deberá adoptar as medidas necesarias para restablecer as condicións previas de calidade dos servizos afectados e para eliminar calquera posible afectación a estes.

5. A promotora deberá cumprir todas as condicións establecidas na declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade o 5.12.2025, así como as establecidas no correspondente programa de vixilancia e seguimento ambiental.

De acordo coas condicións establecidas na DIA, a promotora deberá contar, con carácter previo ao inicio das obras, cos informes favorables da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e da Subdirección Xeral de Biodiversidade Terrestre e Mariña (SXBTM) do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, de acordo cos puntos 5.1, 5.2 e 5.3 do anexo Condicións ambientais da DIA, así como recoller nunha addenda ao EIA os cambios requiridos nos informes dos organismos consultados.

6. Con anterioridade ao prazo dun mes do inicio das obras, a promotora deberá achegar o Plan de vixilancia e seguimento ambiental ao Servizo de Seguimento e Oficina Técnica da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético da Consellería de Economía e Industria.

7. A promotora deberá comunicar o inicio das obras con anterioridade ao prazo de dez (10) días á Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, achegando toda a documentación necesaria establecida nas autorizacións administrativas e na declaración de impacto ambiental.

8. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións, a promotora deberá presentar ante o departamento territorial un certificado de final de obra subscrito por un técnico facultativo competente, en que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución que mediante esta resolución se aproba, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Así mesmo, deberá presentar ante a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático un plano as built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións do parque eólico.

9. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, o Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático inspeccionará as obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación.

10. De conformidade co artigo 34.2 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a promotora disporá dun prazo de tres anos, contado desde a notificación da autorización administrativa de construción, para solicitar a correspondente autorización de explotación. En caso de incumprimento, poderá producirse a revogación das mencionadas autorizacións, nos termos establecidos no punto 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.

11. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico que lle resulten de aplicación.

12. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, logo de audiencia ao interesado.

13. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros condicionados técnicos de organismos ou empresas de servizo público ou interese xeral afectados, necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Asemade, a promotora deberá obter os títulos habilitantes municipais de natureza urbanística que se recollen no artigo 40 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

14. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 34.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro. De transcorreren tres meses sen que o promotor aboe as taxas correspondentes a esta publicación no Diario Oficial de Galicia, entenderase paralizado o procedemento por causa imputable ao promotor polo que, de acordo co artigo 95 da Lei 39/2015, se acordará o arquivamento das actuacións.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2026

Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático