DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Venres, 9 de outubro de 2026 Páx. 52229

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de expropiación por taxación conxunta no ámbito do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a ampliación e urbanización do cemiterio de San Martiño de Lestón.

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 9 de setembro de 2026, acordou aprobar inicialmente o expediente expropiatorio para a obtención dos predios afectados pola ampliación e urbanización do cemiterio de San Martiño de Lestón (A Laracha), de acordo co artigo 85 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

O proxecto de expropiación sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos respectivos dereitos.

A Laracha, 10 de setembro de 2026

José Manuel López Varela
Alcalde