DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Venres, 9 de outubro de 2026 Páx. 52230

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO de correción de erros da ficha da unidade parcelaria 2592012 do Plan especial de protección do conxunto histórico-artístico.

O Pleno da Corporación, na sesión realizada o día 29 de decembro de 2025, adoptou o seguinte acordo:

Proceder á corrección de erros con base no artigo 109 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a modificación e substitución da ficha da unidade parcelaria 2592012 pertencente ao Catálogo de unidades edificatorias e elementos de interese, tomo I, do Plan especial de protección do conxunto histórico-artístico de Monforte de Lemos pola nova ficha.

O contido íntegro do documento aprobado poderá consultarse na seguinte ligazón:

https://www.monfortedelemos.es/sites/default/files/pdf/articulos_urbanismo_obras/Certificado_de_acordos_CERTIFICADO%202026-0001.pdf Plan especial de protección do conxunto histórico-artístico.

Monforte de Lemos, 6 de outubro de 2026

José Tomé Roca
Alcalde