DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Venres, 9 de outubro de 2026 Páx. 52226

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Begonte

ANUNCIO do procedemento de execución subsidiaria de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas no polígono 86, parcela 326 (expediente 17/2026).

Iniciado o correspondente expediente de execución subsidiaria de xestión da biomasa e de retirada de especies árboreas na parcela catastral 326 do polígono 86 do Catastro de rústica deste concello, polo incumprimento das obrigas establecidas na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Considerando que, con data do 15 de xuño de 2026, se lle notificou ao titular catastral da dita parcela 326 do polígono 86 no lugar de Felmil/parroquia de Felmil, a obriga de realizar os correspondentes traballos de limpeza e roza, todo iso de conformidade co disposto no artigo 22 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril.

Considerando que, logo do prazo transcorrido e constatado o incumprimento das ditas obrigas, con data do 30 de xullo de 2026 esta alcaldía acordou a aprobación da súa execución subsidiaria e a práctica da oportuna liquidación provisional dos traballos que se van realizar e a valoración das especies árboreas que se van retirar.

Considerando que se incorpora ao expediente tanto o custo dos traballos derivados da súa execución subsidiaria como o informe técnico sobre a valoración da madeira que se vai retirar.

Por este anuncio, de conformidade co establecido no artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e a Instrución 1/2018, do 26 de abril, da Consellería do Medio Rural, en uso das facultades conferidas pola normativa vixente

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a cantidade de 1.536,70 euros en concepto de liquidación dos custos da realización dos traballos, todo iso sen prexuízo do seu carácter provisional e do resultado da liquidación definitiva que se efectúe unha vez realizadas ou rematadas as correspondentes actuacións.

Núm. de expediente

Nome/DNI/CIF

Referencia catastral

17/2026

33777689G

27007A086003260000GK

Begonte, 18 de setembro de 2026

José Ulla Rocha
Alcalde