DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Venres, 9 de outubro de 2026 Páx. 52224

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Begonte

ANUNCIO do procedemento de execución subsidiaria de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas no polígono 87, parcela 201 (expediente 610/2025).

Iniciado o correspondente expediente de execución subsidiaria de xestión da biomasa e de retirada de especies árboreas na parcela catastral 201 do polígono 87 do Catastro de rústica deste concello, polo incumprimento das obrigas establecidas na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Considerando que, con data do 7 de novembro de 2025, se lle notificou ao titular catastral da dita parcela 201 do polígono 87 no lugar de Felmil/parroquia de Felmil, a obriga de realizar os correspondentes traballos de limpeza e roza, todo iso de conformidade co disposto no artigo 22 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril.

Considerando que, logo do prazo transcorrido e constatado o incumprimento das ditas obrigas, con data do 9 de decembro de 2025 esta alcaldía acordou a aprobación da súa execución subsidiaria e a práctica da oportuna liquidación provisional dos traballos que se van realizar e a valoración das especies árboreas que se van retirar.

Considerando que se incorpora ao expediente tanto o custo dos traballos derivados da súa execución subsidiaria como o informe técnico sobre a valoración da madeira que se vai retirar.

Por este anuncio, de conformidade co establecido no artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e a Instrución 1/2018, do 26 de abril, da Consellería do Medio Rural, en uso das facultades conferidas pola normativa vixente

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a cantidade de 1.790,80 euros en concepto de liquidación dos custos da realización dos traballos, todo iso sen prexuízo do seu carácter provisional e do resultado da liquidación definitiva que se efectúe unha vez realizadas ou rematadas as correspondentes actuacións.

Núm. de expediente

Nome/DNI/CIF

Referencia catastral

610/2025

33777689G

27007A087002010000GK

Begonte, 18 de setembro de 2026

José Ulla Rocha
Alcalde