DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 13 de outubro de 2026 Páx. 52347

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 29 de setembro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución de revogación de sanción accesoria do expediente PSC-CO-0035/2025-V.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución de revogación de sanción accesoria do expediente PSC-CO-0035/2025-V.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución de revogación de sanción accesoria e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra a resolución do expediente, que pon fin a vía administrativa, cabe o recurso contencioso-administrativo ante o órgano xudicial competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto nos artigos 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 29 de setembro de 2026

Mª José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Número de expediente

DNI/NIF

Acto que se notifica

PSC-CO-0035/2025-V

76969975S

Resolución de revogación de sanción accesoria