DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 13 de outubro de 2026 Páx. 52349

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio do 21 de xaneiro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de novación da concesión de augas con clave DH.A36.07388, outorgada o 24 de xuño de 2005, no concello de Ponte Caldelas (expediente DH.A36.106075).

Advertidos erros no dito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 49, do 12 de marzo de 2025, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 16905, onde di:

«Orixe: vinte e seis (26) mananciais: M1 a M26, e un (1) pozo.

M1 a M15 na parcela 2, polígono 3».

Debe dicir:

«Orixe: vinte e sete (27) mananciais: M1 a M27, e un (1) pozo.

M1 a M15 e M27 na parcela 2, polígono 3».

E na páxina 16906, onde di:

«A auga de M1 a M26 reúnese para conducila a depósito 2».

Debe dicir:

«A auga de M1 a M27 reúnese para conducila ao depósito 2».