DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 13 de outubro de 2026 Páx. 52308

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2026 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería (código do posto ED.401.00.000.15770.015).

Mediante a Resolución do 27 de agosto de 2026, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 168, do 4 de setembro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

De conformidade co establecido nos artigos 88.2 e 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 6.2, 8 e sección 3ª do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar á persoa funcionaria de carreira indicada no anexo o posto que tamén se especifica, vista a proposta-informe da persoa titular do centro directivo a que está adscrito o posto convocado sobre a apreciación da súa idoneidade para o desempeño do posto con respecto ás demais persoas solicitantes, e considerando que cumpre os requisitos e especificacións que para o posto se exixen na relación de postos de traballo e, polo tanto, na convocatoria.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do citado Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, no prazo de tres (3) días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión da praza adxudicada será de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia. No caso de que a persoa adxudicataria obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes e computarase desde a data da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, lle fosen concedidos á persoa interesada. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa a persoa funcionaria, así como a daquel en que obteña a praza, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales lles darán traslado, mediante copia, á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2026

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades
e Formación Profesional

ANEXO

Apelidos e nome: Hermo Nimo, Mónica Aurora.

Núm. rexistro persoal: ****508257 A2051.

Corpo ou escala: de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Subgrupo: A2.

Posto de traballo: Xefatura do Servizo de Financiamento do Sistema Universitario.

Código: ED.401.00.000.15770.015.

Nivel: 28.

Centro directivo: Secretaría Xeral de Universidades.

Localidade: Santiago de Compostela.