DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 13 de outubro de 2026 Páx. 52340

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 1 de outubro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2024/311-1, no concello de Oza Cesuras.

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Campiña, no concello de Oza Cesuras (expediente IN407A 2024/311-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que se detalla máis abaixo.

A Coruña, 1 de outubro de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2024/311-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CT e RBT Campiña.

Concello: Oza Cesuras.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Titularidade

Data da ocupación

4

Chousa de Roda

15064B509010830000YR

Herdeiros de
Isaura Martín Seoane

13.10.2026

7

Revolta da Campiña

15064B509007250000YS

José Novo Bermúdez

13.10.2026

8

Revolta

15064B509007240000YE

Manuel Gutiérrez García e Sara Helgrera Gutiérrez

13.10.2026