De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non poidan efectuarse faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado, e a súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
Polo anterior, e logo de intentar a notificación persoal no último enderezo coñecido das persoas interesadas que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, perante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, sito no Edificio Administrativo de Monelos na Coruña, 1º andar (Servizo de Industria), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Unha vez transcorrido o devandito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 30 de setembro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
Nome |
Acto que se notifica |
|
SAI IN 2025/42 |
H15279672 |
1ª multa coercitiva |
