En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: María del Rosario Costas Correa, en representación da Comunidade de Usuarios Laxe-Tomadas.
Expediente: DH.A36.117859.
Volume total anual: 6.848,10 m³/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,5 l/s.
Destino: abastecemento.
Orixe: cinco mananciais na parcela 101 do polígono 5 do catastro de Nigrán.
Lugar: As Laxes.
Parroquia: Chandebrito.
Concello: Nigrán.
Descrición:
A auga captada dos mananciais condúcese a un depósito de 200 m³ na parcela 101, polígono 5, desde o que se distribúe ás vivendas que abastece a comunidade.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa López de Neira 3, oficina 403, 36202 Vigo (Pontevedra).
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 11 de setembro de 2026
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
