DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 13 de outubro de 2026 Páx. 52353

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 30 de setembro de 2026 polo que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística CO-0038-2025.

O 10 de setembro de 2026, a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou unha resolución en relación con obras executadas en solo de núcleo rural, expediente CO-0038-2025.

Ao non lle poder notificar esta resolución á persoa interesada, portadora do DNI 14308905F, mediante este anuncio, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, realízase a notificación por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Unha vez transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, perante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. Así mesmo, se non exercita o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a sección do contencioso-administrativo do tribunal de instancia en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme ao que establece o artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e para que lle sirva de notificación á citada persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2026

Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística