Primeiro. A Resolución do 30 de decembro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para atracción de empresas a Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para os anos 2026, 2027, 2028 e 2029 en réxime de concorrencia non competitiva, establece que as axudas se outorgarán por orde de entrada de solicitudes completas ata o esgotamento do crédito, do cal se dará a correspondente publicidade.
Segundo. O crédito dispoñible na aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7700 para a concesión de axudas era de 33.740.000 euros.
En virtude do anterior, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito, con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7700, para a concesión de axudas ao abeiro da Resolución do 30 de decembro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para atracción de empresas a Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para os anos 2026, 2027, 2028 e 2029 en réxime de concorrencia non competitiva.
Segundo. A derradeira solicitude de axuda completa concedida antes do esgotamento do crédito foi presentada o 28 de xaneiro de 2026 ás 22.28.08 horas, expediente IG408H-2026-000-000049.
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2026
Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
