En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira do Mar, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trece de outubro de dous mil vinte e seis,
Nomeo secretaria xeral técnica da Consellería do Mar a María Luisa Boquete Pumar.
Santiago de Compostela, trece de outubro de dous mil vinte e seis
O presidente
P.S. (Artigo 26.7 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro)
Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
Marta Villaverde Acuña
Conselleira do Mar
